InicioDeportesViveiro presenta a nova edición da CAMOVI no seu décimo aniversario

Viveiro presenta a nova edición da CAMOVI no seu décimo aniversario

A Carreira Montes de Viveiro (CAMOVI) cambia a súa data ao vindeiro 5 de setembro, en vez de celebrarse en primavera.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a edición deste ano da CAMOVI – Carreira Montes de Viveiro. No acto de presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, así como membros da organización e representantes das administracións colaboradoras e patrocinadores.

Esta edición cambia a súa data ao vindeiro 5 de setembro, en vez de celebrarse en primaveira como é habitual. Ademais, este ano cúmprense 10 anos dende a primeira edición, polo que haberá unha exposición para conmemorar o décimo aniversario da proba durante o vindeiro fin de semana.

A proba conta con percorridos de 42, 21 e 10 quilómetros en función da categoría. Durante a competición seguiranse os protocolos COVID-19 pertinentes, co fin de realizar unha proba segura.

A CAMOVI é xa unha institución deportiva en Viveiro, atraendo centos de atletas e contribuíndo ao desenvolvemento económico e turístico do noso municipio”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...